Saturday 11 de May de 2024

Traballadores/as do Concello de Lousame celebran un xantar de despedida para Jesús Piñeiro Alborés, que se xubila tras 12 anos como obreiro municipal


Unha vintena de traballadores e traballadoras do Concello de Lousame participaron nun xantar de homenaxe a Jesús José Piñeiro Alborés, que se xubila tras doce anos traballando como obreiro municipal. Un xantar celebrado no restaurante-parrillada Lousame o pasado venres e no que tamén participou a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez. Os participantes no xantar agasallaron a Jesús José Piñeiro Alborés cun reloxo en memoria dos anos traballados na brigada de obras do Concello de Lousame.